CRTVG

Buscar

Vitoria clara do Pontevedra diante do Melilla (3-1)

Publicado o 03/11/2019 14:17

Carlos Pouso asistiu á vitoria do que será o seu novo equipo

Carlos Pouso estivo na bancada de Pasarón para, discretamente, ver as evolucións do que será o seu novo equipo. Debeu quedar satisfeito, pois o Pontevedra exhibiu solvencia para desfacerse do Melilla. Con facilidade, ademais, nun partido que comezou a encamiñarse moi axiña. Aos 7 minutos, penalti por mans do Melilla e Álvaro Bustos non o desaproveita para marcar. Antes da media hora de xogo, chegou o segundo. Rápido contraataque que conduce Javi Pazos e que culmina Romay. O 2-0 era o reflexo do partido, un monólogo granate. E incluso, o Melilla colaborou no triunfo galego. Vexan o monumental erro de Richi á volta do descanso. Beneficiouse del Álex Fernández. O gol do ourensán finiquitaba o partido antes de tempo e convertía en anécdota o gol da honra melillense. Marcou a 10 minutos do final Hicham. O lanzamento do ex do Celta B golpea contra un defensor e desvía a traxectoria. Jesús Ramos, o técnico interino, retirouse satisfeiro, o mesmo que os xogadores granates que comezarán está nova etapa nunha situación máis tranquila.

Noticias web

03/11/2019