CRTVG

Buscar

Vítimas e partidos critican a TVE por conceder unha entrevista a Otegui

Publicado o 27/06/2019 08:25

Polémica pola entrevista de Arnaldo Otegi na canle pública española. As máis críticas, varias asociacións de vítimas que, como protesta, non van asisitir á homenaxe que hoxe se celebra no Congreso. Consideran que se quere "branquear" a imaxe de Bildu de cara á investidura de Sánchez.

É a mesma lectura que fan o Partido Popular e Ciudadanos, que piden a dimisión de Rosa María Mateo. Televisión Española xustifica a entrevista dentro da rolda de conversas con todos os grupos políticos con representación parlamentaria. O líder de Bildu evitou condenar a ETA pero lamentou a dor causada.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019