CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo polo asasinato do maxistrado Lidón

Publicado o 05/11/2019 14:21

Coa lectura das conclusións definitivas quedou visto para sentenza o xuízo polo asasinato do maxistrado José María Lidón nun atentado perpetrado pola ETA en 2001. A Fiscalía mantivo a súa petición de 30 anos de prisión para o etarra Garikoitz Aspiazu, Txeroki, e xustificou a retirada da acusación contra Asier Arzalluz en que as súas caracteristicas físicas non coinciden coa descrición que do segundo pistoleiro fixeron as testemuñas.

Segundo a representante da Fiscalía durante a vista oral quedou demostrada a pertenza do ex-dirixente etarra Garikoitz Aspiazu, alcumado Txeroki, ao comando que en 2001 asasinou a tiros o maxistrado José María Lidón en Getxo.

Defendeu igualmente a legalidade da rolda de recoñecemento en que dez anos máis tarde a viúva e o fillo da vítima identificaron a Txeroki como un dos asasinos e solicita para el unha pena de 30 anos de prisión.

Sobre Asier Arzalluz, a fiscala dixo que a súas caracteríticas físicas, mide un metro noventa, non coinciden co declarado polas testemuñas que decriben un segundo pistoleiro baixiño. Entende o ministerio fiscal que Asier Arzalluz Goñi non puido participar neste feito e por iso retirou a acusación.

A acusación particular mantivo o cargo de asasinato contra Asier Arzalluz, para o que pide os mesmos 30 anos de prisión que para Txeroki, e a defensa dixo que non quedou acreditado que ambos etarras cometeran o asasinato polo que solicitou a súa absolución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019