CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo polas presuntas contratacións a dedo no Carballiño

Publicado o 10/12/2020 16:14

Quedou visto para sentenza, en Ourense, o xuízo polos presuntos enchufes no concello do Carballiño cando Pachi Vázquez era alcalde da vila. Logo de dez sesións, as partes mantiveron inalterables as súas posturas iniciais. 

O exsecretario xeral dos socialistas galegos, o seu sucesor na alcaldía e tres exconcelleiros do PSdeG-PSOE enfróntanse a penas de inhabilitación de entre oito e dez anos por un presunto delito continuado de prevaricación administrativa, por esa suposta contratación a dedo de 60 traballadores aos que se lles consolidou o emprego. As defensas insisten na legalidade das actuacións dos encausados.

Noticias web

10/12/2020