CRTVG

Buscar

Visto para sentenza o xuízo da lea entre Jácome e un axente da Policía Local

Publicado o 11/09/2019 15:18

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, entraba no xulgado onde comparecía como denunciante e acusado contra un axente da Policía Local da cidade. Á saída denunciou a existencia dunha mafia policial, e anunciou a apertura dunha investigación.

Os feitos ocorreron o pasado 14 febreiro, cando Jácome, daquela concelleiro de Democracia Ourensana, lle recriminou xunto a un ex-edil de DO ao axente, que estaba fóra de servizo, que estaba aparcado co seu coche particular nun vao no exterior do pavillón dos Remedios. O axente da Policía Local recoñeceu o seu erro, pero nega o presunto atropelo do que o acusan.

O xuízo quedou visto pata sentenza. Os tres enfróntanse a penas menores de multas por delitos leves.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019