CRTVG

Buscar

Visitan unha granxa último modelo nunha xornada sobre 'Smart Farming'

Publicado o 12/09/2019 20:22

Gandería Varela, de Castro de Rei, está considerada unha das mellores explotacións da provincia de Lugo en canto a produción e calidade do leite. Nos últimos anos, a granxa apostou de maneira decidida pola autosuficiencia enerxética e pola súa modernización en todos os sentidos. 

Gabriel Varela, gandeiro: "Eran bastantes horas de muxidura, polo que houbo que cambiar a sala ou montar robots. A miña decisión foi montar os robots poque cos últimos avances traballan ben. A min gustáronme, e decanteime por eles".

Félix Aragunde: "Por se tratar dunha explotación modélica en canto ao uso dos últimos avances tecnolóxicos, SAT Varela, de Santa Locaia, foi escollida para ser visitada polos asistentes á xornada sobre Smart Farming organizada polo Campus Terra da universidade compostelá e pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo. Nela realizáronse demostracións prácticas sobre a aplicación das novas tecnoloxías na mellora da produción de leite". 

Manuel Marey, coordinador do grupo de investigación Proxectos e Planificación da USC: "Aquí podemos ver dende os robots de muxidura de última xeración ata un sistema de control da alimentación do gando ou un sistema por control vía satélite do millo".

A explotación foi visitada por máis dun cento de asistentes á xornada, que na súa maior parte eran gandeiros e técnicos de cooperativas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019

Máis sobre castro de rei