CRTVG

Buscar

Vinte e cinco adegas participan na terceira edición do festival do viño da Ribeira Sacra

Publicado o 06/07/2019 21:56

O festival do viño da Ribeira Sacra é máis ca unha festa para promocionar os caldos desta denominación de orixe.

É un escaparate no que participan vinte e cinco adegas.

A mostra serve para dar a coñecer os viños e a viticultura heroica que caracteriza a boa parte da Ribeira Sacra.

Como complemento á feira, hai rutas con visitas ás adegas.

Tamén os nenos teñen o seu oco. Un obradoiro de olería achégalles a un oficio tradicional, do que só quedan dous artesáns.

O festival do viño que este ano cumpre a súa terceira edición mantense en Monforte toda a fin de semana.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/07/2019