CRTVG

Buscar

Vimianzo, o concello galego coa incidencia máis alta

Publicado o 02/11/2020 17:25

Vimianzo é o concello con maior incidencia acumulada de toda Galicia, con máis de 1.300 casos por cen mil habitantes. O nivel de alerta é máximo e estanse a realizar cribados para detectar asintomáticos e frear a expansión.

PAC de Vimianzo continúa esta tarde cos cribados sectoriais. Profesionais que traballan cara ao público sométense a probas PCR para frear a cadea de transmisión. Os números da capital da Terra de Soneira son case desconcertantes: máis de 100 casos nun concello de pouco máis de 7.000 habitantes.

A vila está perimetrada e coas máximas restricións, as de nivel 3. E os veciños tentan reducir ao máximo a súa actividade.

O obxectivo principal é frear o crecemento exponencial deste gromo e evitar que se propague a outros concellos da Costa de Morte.

Noticias web

02/11/2020