Vimianzo crea unha rede municipal para axudar os veciños a manter a corentena
Publicado o 21/04/2020 13:04
O coronavirus obriga a manter unha actividade intensa nos concellos galegos máis pequenos. En Vimianzo crearon unha rede municipal de auxilio.
Entregaron máscaras e luvas casa por casa, ademais de medicamentos e produtos de alimentación.
Tamén reparten os deberes nos fogares que non teñen como imprimilos, e distribúen exercicios de memoria entre as persoas maiores.
O obxectivo, axudar os veciños a respectar a corentena e apoiar as familias máis vulnerables.