CRTVG

Buscar

Vilagarcía acolle esta fin de smeana os xogos Special Olympics

Publicado o 09/03/2019 23:08

O deporte non só axuda a manter o corpo san, senón que tamén inflúe no estado emocional, afectivo e nas relacións persoais. Así o demostran os participantes dos Xogos autonómicos Special Olympics. Dende as asociacións de persoas con discapacidade intelectual presentes no evento afirman a importancia que ten que estes deportistas decidan participar por sí mesmos e que compitan para mellorar as súas capacidades.

Carlos Couce, Responsable de Ocio da Asociación Nosa Señora de Chamorro: "É moi importante o aspecto emocional e básicamente, tamén, que eles sexan os que tomen as decisións de en que deporte xogo, con quen xogo, se formo equipo, se tomo parte individualmente e que se marquen eles retos a nivel persoal. Se decimos competición, no noso caso competición é con un mesmo, é dicir é mellorar as túas capacidades, se ti logras iso, estás mellorando, estás medrando como persoa".

Bádminton, baloncesto, fútbol sala, tenis, tenis de mesa e probas motrices adaptadas son algunhas das modalidades que acolle o pabilión FEXDEGA de Vilagarcía.

Na inauguración da vixésimo cuarta edición dos Xogos autonómicos de deportes minoritarios Special Olympics Galicia, coorganizada pola asociación Con eles de Vilagarcía, participaron, entre outros o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019