CRTVG

Buscar

A cidade de Vigo entra en alerta vermella con 95 casos nas últimas 24 horas

Publicado o 24/10/2020 15:24

Nas inmediacións do Álvaro Cunqueiro na xa coñecida como zona COVID AUTO, continúan facendo probas PCR. Esta ringleira de coches é de hai uns minutos. A área de Vigo notificou de onte a hoxe 93 novos casos o que deixa o número de contaxios activos por coronavirus en 1.097, a cifra máis alta desde abril. O que non variou nas últimas 24 horas foi o número de ingresos. Segue habendo 51 enfermos por covid-19 en planta e 7 na unidade de coidados intensivos. Seis están no Álvaro Cunqueiro e un en Povisa. A alerta vermella de Vigo responde a que nos últimos sete días houbo máis de 332 novos contaxios por 100.000 habitantes.

Totais no Álvaro Cunqueiro.

Na área sanitaria están tamén en alerta vermella Redondela, a última en entrar xunto con Vigo no grupo de concellos con máis restricións, Tui, Salvaterra, Cangas e Vilagarcía. Nas últimas 24 horas pasou de vermello a laranxa Nigrán.

Noticias web

24/10/2020