CRTVG

Buscar

Vigo acolle a mostra fotográfica 'Coordenadas incertas', sobre a identidade e a incerteza

Publicado o 27/10/2020 23:04

Catro puntos cardinais, catro manifestacións. As Coordenadas incertas miran ao norte desde a maternidade de Cristina Brea.
Ao sur miran desde unha montaña invertida, no cumio de Raquel Calviño.
Xiran ao leste cando a néboa sobe polos desexos de Rita Ibarretxe.
Rematan nunha pregunta, a que nos fai Paula Pez: onde está o noso oeste?
Na mostra as catro coordenadas superpóñense noutra parede. Na da incerteza, onde estas catro mulleres nos convidan ata o 24 de xaneiro a indagar na nosa propia busca.




 

Noticias web

27/10/2020