CRTVG

Buscar

Vídeos para falar cos cativos da prevención do virus no colexio

Publicado o 14/08/2020 21:53

E pensando tamén na volta ao colexio en setembro está o persoal de enfermería de Ourense. Para concienciar os cativos da importancia das medidas de hixiene, a distancia e como van ter que cambiar o seu xeito de xogar e relacionarse un grupo de voluntarios están a realizar unha serie de vídeos educativos con algús consellos prácticos.

Un grupo de escolares escolares xunto a persoal de enfermería e técnicos de emerxencias sanitarias de Ourense están a ser oprotagonistas dunha serie de vídeos en que explican por exemplo,como hai que colocar e quitar correctamente a máscara, como lavar as mans e mesmo están a inventar novos xogos sen contacto. 

 

Desde este grupo de educación sanitaria de Ourense pensan que o mellor xeito de concienciar os nenos e nenas de cara a volta ao cole é facelos partícipes da súa saúde.

Eles son os protagonistas e xa estan creando novos xeitos de relacionarse e tamén de xogar.

Así, persoal de enfermería e técnicos de emerxencias sanitarias traballan directamente cos pequenos na prevención e tamén como axudalos a se adpataren a este situación, nova para todos.

Noticias web

14/08/2020