CRTVG

Buscar

Vidal explica as dificultades para atoparlle un substituto a Somma

Publicado o 04/03/2020 21:14

Fernando Vidal falou sobre como vai afrontar o Dépor a baixa de Michele Somma. O central italiano lesionouse no partido contra o Xirona e perderá o que queda de temporada. Para os partidos que quedan, e tal como está o mercado, di o presidente, case que non compensa fichar:  "Fichar neste mercado ten dous condicionantes: ou un xogador en paro, o cal non é recomendable porque non é viable poñer en forma un xogador cando quedan 12 partidos, ou fichar un xogador que estea agora mesmo xogando en España. Tampouco é que haxa moita variedade. Temos que estudar se realmente nos convén ou non".

 

Noticias web

04/03/2020

Máis sobre actualidade