CRTVG

Buscar

Vicente Gómez cre que o derbi co Lugo foi un baño de realidade

Publicado o 02/03/2020 20:30

O derbi situou o Deportivo diante do espello. Para Vicente Gómez foi un baño de realidade: "Pódenos vir ben esta dose de realismo e ver que non conseguimos nada e que, ao estar todo tan igualado, queda moito que dicir e moito que traballar, non hai nada feito", di o canario.
O ciclo álxido pasou. Agora son tres as xornadas sen gañar. "Tres partidos que non demos gañado, pero eu míroo pola parte positiva, que é que só perdemos un dende que chegou o míster, e fixemos bastantes puntos. Se seguimos tendo en conta o obxectivo que nos puxo Fernando cando chegou de lograrmos ese número de vitorias coido que imos no bo camiño", considera o centroampista illeiro.

Será que xa non funciona o efecto Vázquez? O canario cre que o método non está en discusión: "Non hai que perder a confianza, e temos que ser conscientes do que nos trouxo a esta situación de dependermos de nós, que foi ese traballo e esa confianza no sistema que demostramos todos".

Quince puntos. Esa, e non outra, é a distancia que queda por cubrir para acadar o obxectivo trazado por Vázquez

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/03/2020