CRTVG

Buscar

Viaxes ás Cíes e a San Simón na ponte de novembro

Publicado o 30/10/2019 13:54

As illas Cíes serán de novo destino preferente para os turistas na ponte de novembro. As navieiras ofrecen viaxes dende Vigo e Cangas con visitas guiadas. Os turistas poderán gozar do paraíso natural das Cíes o venres e o sábado, e tamén do encanto da illa de San Simón, á que só se poderá viaxar o 2 de novembro. O persoal das navieiras amosaralles aos visitantes os recunchos máis fermosos destes dous destinos, para os que xa se poden mercar os billetes.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019