CRTVG

Buscar

Vero Boquete prepara na Madroa o seu regreso á liga americana

Publicado o 16/01/2019 22:09

Un asunto máis relacionado co Celta. Vero Boquete utilizará as instalacións do club para preparar a súa próxima temporada nos Estados Unidos. Xa saben que a futbolista compostelá acaba de fichar polo Utah Royals. 

Vero Boquete: "Ola, son Vero Boquete e esta é unha mensaxe para todos os afeccionados do Celta, espero que gocedes dun bo ano 2019 e tamén agradecerlle ao Real Club Celta por darme a facilidade e todas as condicións para me poder adestrar aquí antes da miña chegada á liga americana en Utah".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2019