CRTVG

Buscar

Tony Lomba segue a amenizar o vermú aos veciños de Bouzas

Publicado o 12/04/2020 17:07

Domingo de mercadiño en Bouzas... Estradas baleiras e sen postos de venda ambulante... Un barrio cuxas rúas sempre están ateigadas de xente cunha cunca na man e departindo sobre como foi a semana. Pero os bares están pechados.

Tan so hai vida na praza de Johan Carballeira, onde Tony Lomba volve ofrecer de balde un novo espectáculo... Este mediodía solleiro hai cheo ata a azotea.

Dos Pecos a Elvis pasando por Nino Bravo, Perales ou José Feliciano... Os veciños agradecen calquera repertorio.

Esta fin de semana tocou sesión vermú. A próxima volverá entreter os veciños o venres polo serán. O espectáculo de Germán Fandiño, como o confinamento, debe continuar.

Noticias web

12/04/2020