Verín recupera unha máscara de cigarrón de comezos do século XX
Publicado o 20/02/2020 21:32
En Verín asisitiron hoxe a un momento clave na historia do Entroido ourensán. O Museo Claustro Mercedario recibiu dun veciño da Xironda unha máscara de cigarrón que foi patroneada por moita xente do lugar e da comarca para complementar os traxes de cigarróns, peliqueiros e incluso felos.
A peza vai ser restaurada por un laboratorio experto para expoñela despois no mesmo museo de Verín.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 10:22