CRTVG

Buscar

Veciños e comerciantes, preocupados polos danos e a imaxe de Cataluña no exterior

Publicado o 18/10/2019 15:00

Intentan impedir que prendan unha barricada. Son veciños da Rambla de Cataluña que, desta volta gañan.

Noutro punto da cidade arden mesas e cadeiras dunha terraza e os negocios pechan ao paso dos manifestantes. Comerciantes e hostaleiros reséntense.

Lluís Sans, presidente dos comerciantes do paseo de Gracia: "A venda está baixando, loxicamente, pero non nos preocupa tanto a venda duns días en concreto senon o dano que se lle poida facer á imaxe de Barcelona".

Soan as cazolas... Os veciños piden o cesamento dos disturbios. Das queimas e das cargas. Imaxes coma esta dos encapuchados asaltando unha sucursal bancaria viaxan nas redes sociais, canda as cargas e coches en lapas. Hai temor polo dano no turismo, que xa recibiu cancelacións.

As embaixadas dos Estados Unidos, o Reino Unido, Francia e Portugal alertan, pídenlles aos seus cidadáns que sexan prudentes se viaxan a Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2019