CRTVG

Buscar

Veciños e comerciantes critican o atraso das obras en Catro Camiños

Publicado o 23/10/2019 14:37

O obxectivo destas obras é acadar melloras na zona de Catro Camiños, que concentra unha gran densidade de tráfico, pero tamén moita actividade comercial. E para iso van construír tamén unha glorieta.

Estes traballos comezaron o pasado 8 de setembro e estaba previsto que finalizasen hai xa uns días. Os veciños quéixanse das incomodidades que lles causan.

Tamén se queixan os comerciantes. Aseguran que as súas vendas se reduciron de xeito notorio.

Con esta situación, piden que se recupere a normalidade en toda esta zona o antes posible, porque temen que as obras lles arruínen a campaña do Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019