CRTVG

Buscar

Veciños de toda Galicia salvan 9.000 topónimos a través dunha app

Publicado o 20/02/2020 21:42

Voluntarios de toda Galicia lograron recuperar xa uns 9.000 nomes tradicionais da toponimia galega. Fixérono a través de Galicia Nomeada, a aplicación posta en marcha pola Xunta e a Real Academia Galega para recuperación colectiva da chamada microtoponimia, os nomes das entidades de poboación máis pequenas. 

Entre os concellos de Pontedeume e Miño, a Asociación Ardóbriga leva anos recollendo e recuperando os nomes tradicionais de leiras, montes, corredoiras e mesmo de pozas ou rochas como estas da praia de Ber.

Agora a asociación é unha das colaboradoras da aplicación Galicia Nomeada, que permite a calquera persoa interesada rexistrar, xeolocalización incluída, os microtopónimos da súa contorna. A RAG é a que valida os rexistros.

Uns 9.000 microtopónimos foron xa validados pasando a formar parte do patrimonio lingüístico e cultural galego.


 

Noticias web

20/02/2020