CRTVG

Buscar

Veciños de Sanxenxo critican a chegada de turistas de Madrid

Publicado o 13/03/2020 16:36

Todos os veciños que atopamos polas rúas de Sanxenxo confírmano, a pesar de que a imaxe puidera levar a equívoco: nos últimos días chegou á localidade máis xente de fóra do que é normal nestas datas.

Traballadores de comercios e da hostalaría corrobórano desde o anonimato porque, din, viven dos ingresos do turismo. O Goberno local editou un bando coas medidas de peche de distintos servizos municipais, pero mantén aberta a oficina de turismo.

Pola oficina turística pasaron onte catro grupos procedentes de Madrid con viaxes programadas.

Noticias web

13/03/2020