CRTVG

Buscar

Veciños de Redondela repiten as badaladas para que mellore o 2020

Publicado o 24/04/2020 21:17

Os veciños dun barrio de Redondela celebran desde os seus balcóns concursos de disfraces, bingos, xogos e esta tarde deron novamente as 12 badaladas para que 2020 teña unha nova oportunidade. E como en fin de ano, cando faltaban poucos segundos, a bola baixou acompañada co son de carrillón ata que comezaron as doce badaladas e os veciños comezaron a comer as uvas. Estaban todos ben engalanados e é que a ocasion ben o merecía. Non faltaron nin os brindis, nin a champañá así como o clásico baile. Deste xeito quixeron recibir de novo este 2020 e que traia mellores cousas.

Noticias web

24/04/2020