CRTVG

Buscar

Veciños de Redondela mobilízanse contra a apertura dunha casa de apostas no centro da vila

Publicado o 30/09/2019 14:40

O local onde está prevista a apertura dunha casa de apostas está no centro urbano de Redondela. O negocio ten licenza de obra, pero nos últimos días o Concello paralizou os traballos á espera da entrega dunha documentación.

Veciños, distintos colectivos da vila e asociacións de pais e nais xa comezaron a mobilizarse en contra da apertura deste negocio.

O establecemento está situado na zona urbana do concello de Redondela, próximo a seis centros educativos e institutos e moi preto do conservatorio.

Aseguran que continuarán coas concentracións para impedir a apertura da casa de apostas, e piden o apoio dos grupos políticos do Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019