CRTVG

Buscar

Veciños de Ponteareas levan sen teléfono e Internet case un mes

Publicado o 04/02/2019 13:31

Hai case un mes os veciños do barrio do Correlo, na parroquia de Arcos, en Ponteareas, quedaron sen liña telefónica e sen Internet. Foi a consecuencia da rotura dun poste que a compañía que subministra o servizo xa substituíu. Porén a avaría continúa.

Os veciños denuncian o mal estado da instalación. O poste que substituíron continúa tirado na zona, as caixas eléctricas abertas e o cableado pendurado sobre a estrada. Están moi preocupados pola perigosidade que supón para vehículos e peóns.

Os veciños están fartos de chamar a Movistar, a compañía responsable do servizo. Aseguran que ninguén lles aclara cando se vai reparar a avaría e están moi molestos coas respostas que obteñen.

Unhas dez familias están afectadas por esta avaría no Correlo. Case un mes despois, agardan que os responsables resolvan canto antes a situación.

Noticias web

04/02/2019