CRTVG

Buscar

Veciños de Parga, en Guitiriz, fan unha cadea humana para pedir o mantemento do servizo médico

Publicado o 05/07/2020 11:46

Unha cadea humana para reivindicar que non lles leven servizos de Parga, unha poboación do concello lucense de Guitiriz.

É a iniciativa promovida polos veciños para reclamar que se manteña o servizo médico, a estación do tren e a oficina bancaria. Din que se os levan de aí, o lugar acabará esmorecendo e temen perder entidade. A reclamación vén de anos atrás, pero coa situación sanitaria derivada da covid-19 a ameaza de quedaren sen estas prestacións cada vez é maior.

Noticias web

05/07/2020