CRTVG

Buscar

Suspendida a xuntanza da alcaldesa de Mos cos veciños tras as protestas e enfrontamentos polos terreos para o Celta

Publicado o 25/09/2019 10:02

Os enfrontamentos producíronse onte a última hora da tarde no concello de Mos, no multiusos das Pozas, onde estaba prevista unha xuntanza entre a alcaldesa, Nidia Arévalo, e aqueles comuneiros que teñen terreos na zona de interese para o Celta para construir esa futura cidade deportiva.

A tensión desatouse cando a Policía Local lles impediu a entrada aos veciños que levaban camisetas en defensa do monte e as autoridades tomaron a decisión de cerrar o multiusos para que non entrasen os comuneiros.

Empurróns, un veciño ferido, un axente da Policía Local polo chan, unha muller coas lentes rotas foi o resultado do enfrontamento coa Policía Local que trataba de identificar os veciños que protestaban berrando con lemas como "o monte non se vende".

A convocatoria, en principio era para que a alcaldesa lles explicase o plan de expropiación dos terreos aos veciños. Para o proxecto da Cidade Deportiva, o Concello de Mos elixira o sistema de expropiación directa para que Mouriño se puidese facer cos terreos que lle permitisen construír a cidade deportiva e o centro comercial. Con esta fórmula era o Concello de Mos o encargado e realizar a expropiación, mesmo sen acordo, a través dunha taxación conxunta.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019