CRTVG

Buscar

Veciños de Moaña piden o amaño de varios parques infantís que permanecen pechados

Publicado o 02/05/2019 13:45

Veciños de Moaña quéixanse do mal estado dalgúns parques infantís que hai na vila, no centro ou en parroquias coma Abelendo. Valados estragados ou bambáns rotos. Son imaxes que, segundo eles, demostran que o mantemento destes espazos non é suficiente para evitar a súa deterioración.

O que máis lles preocupa é o mal estado dos bambáns. Algúns tiveron que ser precintados. Porén, aínda constitúen un perigo para os cativos, xa que moitas veces os precintos de seguridade aparacen rotos.

O Concello de Moaña xa precintou os bambáns rotos como paso previo á reparación dos danos. Os usuarios esixen que se faga de xeito inmediato para evitar riscos, xa que nalgúns casos os estragos son consecuencia de meses de abandono.

Noticias web

02/05/2019