CRTVG

Buscar

Veciños de Dumbría levan un mes sen servizo de telefonía fixa nin Internet

Publicado o 02/10/2019 14:04

As Touzas, no concello coruñés de Dumbría, agrupa unhas quince vivendas habitadas e na maioría din ter problemas coa telefonía fixa e Internet desde decembro pasado. A rede telefónica deste lugar é para ver. Cables suxeitos con cordel a un balcón, postes partidos ou semiderrubados, cables polo chan.

Levan así nove meses longos como consecuencia dun temporal. E de aí veñen os problemas que teñen desde principios de setembro. A solución do servizo por satélite fallou e, ao parecer, non teñen Internet nin teléfono fixo.

"Agora estamos todos sen teléfono", di Felisa, veciña das Touzas, "os escolares non teñen Internet e no colexio berran cos rapaces, pero nós non temos que facerlle. A nós puxéronnos un teléfono de antena, como a outros veciños máis. O noso funciona unha vez cada quince días. Non vai tampouco. Grazas ao móbil que teño, que mo trouxo o meu netiño, podo comunicarme, porque non temos servizo na liña de fixo".

O fallo na rede de comunicación afecta en xeral os residentes do lugar e, especialmente, os catro negocios de gandería, asesoría e panadería aquí establecidos. Os veciños din que Telefónica nos lles fai caso ningún e pediron a mediación do Goberno municipal para que a compañía arranxe a liña dunha vez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019