CRTVG

Buscar

Veciños de Coia, en Vigo, mobilízanse logo da intoxicación de varios cans con veleno

Publicado o 21/01/2020 14:38

Continúa a preocupación entre os propietarios que pasean os seus cans por esta avenida de Coia. Denuncian a presenza de trampas con raticida, o que provocou xa a morte de dous animais e a intoxicación de varias mascotas.

Por iso cada paseo para estes veciños convértese en toda unha patrullaxe a nivel indivual. Os cans van atados e incluso levan buzo para evitar sustos.

As dúas asociacións de veciños deste barrio de Coia piden aos propietarios dos animais que denuncien estes feitos se se atopan con algunha destas trampas.

Á espera dunha solución definitiva, os propietarios dos animais e algúns veciños desta zona non desbotan organizarse para acabar coas trampas que apareceron nas últimas semanas neste barrio residencial da cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020