CRTVG

Buscar

Elaboran en Burela unha alfombra floral para despedir os barcos da costeira do bonito

Publicado o 01/06/2019 21:19

En Burela levan todo o día preparando o tapiz de flores polo que discurrirá a procesión da Virxe do Carme e San Xoán Bautista.

Este ano a alfombra presenta novos deseños, inspirados nas historietas e os videoxogos. Esténdese por algo máis de medio quilómetro e está dividida en cinco treitos. A tradición da alfombra floral cumpre vinte e seis anos e faise sempre coincidindo coa saída dos barcos cara a costeira do bonito.

Noticias web

01/06/2019