CRTVG

Buscar

Veciños de Belvís, en Santiago, levan meses denunciando inseguridade no barrio polos okupas

Publicado o 10/06/2020 15:05

Os veciños da rúa Belvís levan denunciando problemas de inseguridade desde comezos deste ano, coicindindo coa ocupación de varias vivendas baleiras no barrio.
"Este ano atopámonos con okupas no número 1, son varias persoas que entran e saen. Hai venda de drogas, liortas relacionadas con este tema, e algunhas destas persoas ocuparon outras vivendas", asegura Alicia Díaz, veciña de Belvís.

Aseguran que as pelexas son habituais e denuncian tamén varios roubos nesta e noutras vivendas do barrio.
"Entraron nun garaxe e roubaron bic¡cletas. Entraron nunha vivenda estando os propietarios dentro, entraron noutra estando os propiestarios fóra. É algo constante. Son persoas que están nunha situación moi precaria e que non teñen nada que perder".

A asociación de veciños de San Pedro xa puxo o problema en coñecemento do Concello de Santiago. Reclaman que se incremente a vixilancia e tamén un plan integral de mellora do barrio.

Noticias web

10/06/2020