CRTVG

Buscar

Veciños da parroquia luguesa de Orbazai reteñen un ladrón e facilitan a súa captura

Publicado o 30/11/2020 15:04

Un home entrou a roubar en dúas propiedades da parroquia luguesa de Orbazai e cando tentaba escapar foi sorprendido en flagrante polos veciños afectados, que nun primeiro momento lograron impedir a súa fuxida, sen pasar medo, malia que o home se puxo algo agresivo.

Cando fuxiu, os veciños lograron sacarlle unha fotografía e chamaron a Policía Nacional, o que posibilitou que pouco despois os axentes lograran detelo, aínda con todo o material roubado, nas inmediacións do río Miño.

Trátase dun home de 40 anos que conta xa con máis de trinta detencións previas por roubo con forza.

Noticias web

30/11/2020