Veciños da Coruña levan máis dun ano entre ladrillos por un ascensor sen acabar
Na Coruña, os veciños dun inmoble do barrio da Agra do Orzán levan máis dun ano entre ladrillos e cascallos por mor dunha obras inacabas no seu portal.
Os veciños levaban anos pensando en eliminar as barreiras arquitectónicas e que o ascensor chegase a ras do chan. Lograron reunir os 48.000 euros que custaba a reforma e contrataron as obras.
Unhas obras que comezaron en setembro do ano pasado pero, ao pouco, a subcontrata quebrou, e os traballos non seguiron adiante. As obras non foron adiante e o portal quedou cheo de entullos. Os chanzos que aínda teñen que baixar para chegar á rúa quedaron máis estreitos e unha táboa de madeira impide acceder aos contadores.
Levan así case un ano, co medo a que calquera día aconteza unha desgraza. Para evitalo houbo quen xa marchou a outra vivenda.
O seu quebradeiro de cabeza comezou en 2018, cando, unha vez reunidos os 48.000 que custaba a reforma, decidiron contratar os traballos.
En todos estes meses din que chamaron unha morea de veces á empresa e que aínda non lles achegaron unha solución.