CRTVG

Buscar

Veciños da Coruña engalanan as fachadas

Publicado o 24/03/2020 16:46

E un exemplo de ilusión en medio desta crise atopámolo na praza do Comercio, da Coruña. Alí os residentes de varios bloques de vivendas decidiron adornar as fachadas con globos, grilandas e debuxos, para facer máis levadeiro o confinamento. E non queda aquí a actividade desta pequena comunidade, porque ademais de saír cada tarde a aplaudir aos sanitarios, tamén celebran xa pola noite, e da mesma maneira, a chegada dos operarios do servizo da limpeza. E por se fora pouco.. aínda lles queda tempo para organizar un bingo comunitario, dende as fiestras.

 

Noticias web

24/03/2020

Máis sobre A Coruña