CRTVG

Buscar

Veciños da Agra do Orzán reclaman que se controlen as gaivotas e pombas no barrio

Publicado o 08/08/2019 11:43

Os veciños da Agra do Orzán reclaman medidas por parte do Concello da Coruña para controlar as bandadas de gaivotas e pombas no barrio. Din que os problemas veñen pola falta de limpeza nesta zona da cidade.

Contedores de lixo cheos durante o día e excrementos de animais polas rúas dun dos barrios máis poboados da Coruña. Os veciños da Agra do Orzán están preocupados pola situación de insalubridade do barrio.

"Está todo que dá noxo. É unha vergonza o que estamos vivindo. Creo que A Coruña é a cidade máis sucia".

María Gutiérrez, AAVV Agra do Orzán: "Os contedores están moi sucios. Están abertos porque están cheos de lixo e non pechan".

A falta de limpeza atrae ademais a esta zona bandadas de gaivotas e de pombas que xeran moitos problemas para os veciños.

"As gaivotas pónenme as ventás perdidas".

María Gutiérrez, AAVV Agra do Orzán: "Xente que se lles meten na casa as gaivotas. Ti sabes que medo que se che meta unha gaivota na casa".

Desde a asociación de veciños reclámanlle ao Concello melloras na limpeza do barrio, para o que xa solicitaron un encontro cos responsables desta área.

Noticias web

08/08/2019