CRTVG

Buscar

Veciños, comerciantes e hostaleiros do centro de Pontevedra, fartos dos cortes de luz

Publicado o 04/10/2019 14:42

Os veciños de Pontevedra xa falan dos cortes de luz como algo habitual. O último foi onte pola mañá, e afectou de maneira diferente varias das rúas máis céntricas da cidade. Os peor parados, coma sempre, foron os comercios, que viron interrompida a súa actividade e moitos deles tiveron que pechar a porta mentres se restablecía o servizo, tempo que variou dependendo da rúa.

Os establecementos lamentan as perdas que deixan os varios cortes que levan sufrindo no que vai de ano, e recordan tamén que a ausencia de luz ten os seus efectos negativos sobre a maquinaria e os electrodomésticos.

Fontes de Naturgy asegúrannos que o corte se produciu arredor das 11 e media da mañá e que tardaron 20 minutos en restablecer o servizo. Afectou 1.500 usuarios e a súa orixe, segundo contan, estaría nunha avaría dun tramo subterráneo. Tramo que, por certo, din, atópase dentro do plan de actuación ao que se comprometeron co Concello para a substitución dos cables e a mellora da rede eléctrica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019