CRTVG

Buscar

Vázquez recoñece que é especial xogar ante o Compostela en San Lázaro

Publicado o 23/10/2020 16:42

O adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez, volverá o domingo ao escenario no que debutou como local no fútbol profesional, San Lázaro, onde se medirá cun Compostela, o que dirixiu dúas tempadas e media, aínda que o actual é un equipo refundado, e onde se "transformou" nun técnico "a tempo total". "Era adestrador de Segunda B, tiña as miñas ilusións e era consciente de que sen xogar no fútbol profesional ía ter difícil para chegar ao máximo nivel".

Cando me chama o Compostela, saín correndo dando berros de alegría. Foi unha elección do Compos, dos seus dirixentes, que tiveron a valentía de coller a un rapaz de Segunda B e poñelo en Primeira", lembrou. Considerou que alí pasou "anos incribles, impresionantes", que viviu desde a "inxenuidade", nun "mundo de Yupi" no que nin sequera tiña representante.

Santiago transformouno " en adestrador a tempo parcial" e garda "un agarimo especial" a San Lázaro e á afección do Compostela e é un "partido especial", aínda que descafeinado porque non haberá público e pasaron "moitos anos", así que, en principio, non cre que "vaia a sentir nada en especial máis que a responsabilidade de gañar o partido".

 

Noticias web

23/10/2020