CRTVG

Buscar

Varios estudos non ven relación entre os videoxogos e os comportamentos agresivos

Publicado o 14/04/2019 16:56

Varios estudos recentes de distintas universidades estranxeiras non atopan relación entre os videoxogos e os comportamentos violentos.O médico compostelán José Luis Montiel, experto nestes xogos, tamén cre que en si non son malos. Falamos con el para afondar na cuestión.

Nas últimas décadas, actos violentos como algunhas das matanzas rexistradas en colexios dos Estados Unidos vencelláronse á influencia de videoxogos. Estudos recentes de varias universidades, entre elas a de Oxford, non atopan, porén, máis agresividade entre xogadores.
O médico compostelán José Luis Montiel, experto en videoxogos, cre que os demonizaron por descoñecemento.

En calquera caso, subliña que os adultos teñen na súa man e deben controlar a que xogan os rapaces. Montiel considera máis preocupante a falta de regulamento dos xogos con caixas de recompensa Neste sentido propón limitar estes xogos a maiores de 18 ou con supervisión de adultos.

 

Noticias web

14/04/2019