Varios concellos estrean restricións o sábado
En apenas 24 horas a imaxe que atopamos en Xinzo de Limia vai mudar de xeito notable. Aquí ata o de agora non había máis medidas que aquelas que afectan a calquera outro punto de Galicia. Serán moito máis restrictivas a partir da medianoite do venres.
Houbo certa sorpresa entre a veciñanza, pero coidan que frenar a pandemia ten que ser agora a prioridade.
O máis prexudicado é o sector hostaleiro. Din que en todo momento cumpriron as normas. Baixar a persiana durante un mes coidan que será inasumible para moitos.
Ademais xa non se van permitir as xuntanzas con non conviventes e queda restrinxida a mobilidade.
Esta situación faise extensible a outros concellos galegos como os de Coles e Amoeiro, na provincia de Ourense; Redondela ou Nigrán, en Pontevedra, ou Culleredo e Cambre, na Coruña.