Varios comerciantes sofren na Coruña o secuestro das súas contas de redes sociais
Publicado o 25/02/2021 21:25
Alejandra é unhas das socias do negocio que recentemente foi vítima dun ataque informático. Facían o 80 % das súas vendas a través da súa conta de instagram ata que foi secuestrada polos ciberdelincuentes.
En ningún momento accederon á petición dos piratas informáticos e denunciaron os feitos á policía.
A dificultade para saber quen está detrás dun delito informático fai necesaria unha especialización como a das unidades de delitos telemáticos das forzas e corpos de seguridade.
O ataque supuxo perdas para o negocio, pero Alejandra e a súa socia xa crearon unha nova conta nas redes sociais desde a que seguen atendendo aos seus clientes.
Máis sobre A Coruña
10/04/2021 14:20
10/04/2021 13:29
09/04/2021 21:18