CRTVG

Buscar

Varias pitas e un galo seguen no galiñeiro asturiano ao recorrer a sentenza o seu dono

Publicado o 10/05/2019 14:35

Varias pitas e un galo seguen no galiñeiro alleos á polémica que se xerou arredor da súa vivenda. Despois das queixas polos ruídos dos animais un decreto do concello clausurou a instalación. O dono vai recorrer a decisión.

Fernando Villarroel, dono do galiñeiro: "Solicitaremos que aquí non hai ningunha actividade económica, que non necesitamos permiso e se necesitamos un permiso municipal, ao mellor somos os primeiros en ter que facelo, porque non hai constancia de que en ningunha vila exista un permiso municipal autorizando a ter un galiñeiro de autoconsumo. Entón, ao mellor somos os primeiros que temos que solicitalo e, se é así, pois solicitarémolo.

O dono dos apartamentos rurais que denunciou o ruído das pitas di que ten unha medición que certifica que se incumpre a lei. Ao parecer, os datos reflicten que ao longo dunha noite acadaron os 74,8 decibeles, cando o límite está en 45 entre as dez da noite e as sete da mañá, segundo a normativa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019