As enquisas anticipan unha suba do PP e unha tendencia á baixa do PSOE
Publicado o 21/10/2019 11:51
Varios medios de comunicación publican hoxe enquisas sobre a intención de voto de cara ás eleccións xerais do 10 de novembro. Todas coinciden nunha tendencia á baixa do PSOE (só unha lle augura que poida manter os 123 escanos actuais), nun ascenso do PP (que rozaría os 100 escanos) e na caída de Ciudadanos. Algunhas enquisas sitúan a Vox como terceira forza.
Todas as enquisas prognostican, ademais, un descenso en escanos do bloque dos partidos da esquerda.
A maioría absoluta no Congreso dos Deputados está en 176 escanos, polo que a gobernabilidade de España pode volver estar nas mans dos partidos nacionalistas e independentistas.
Máis sobre Política
27/02/2021 17:16
27/02/2021 17:06
26/02/2021 20:00
26/02/2021 19:09