CRTVG

Buscar

Varias alertas activas por toda Galicia, en terra e tamén no mar

Publicado o 03/03/2019 21:13

O vento alcanzou os cento sesenta quilómetros por hora en Penedo do Galo e na Pontenova rexistráronse refachos de cento trinta e sete. Son os valores máximos dun día complicado no meteorolóxico, con varias alertas activas por toda Galicia, en terra e tamén no mar. A borrasca deixou chuvias durante a tarde, por momentos intensas en moitos puntos do país.

Na Coruña, están pechados os parques e os xardíns e o Concello recomenda evitar a liña de costa. O mal tempo obrigou a suspender o desfile de Entroido en varias localidades. O de Sada adiouse para o próximo martes.

Desde as nove da noite está activo un aviso laranxa na costa da Coruña por temporal no mar, con ondas de cinco metros. A partir da medianoite estenderase a todo o litoral galego.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019