CRTVG

Buscar

Valioso empate do Parrulo (2-2) na pista do Barcelona

Publicado o 23/11/2020 17:05

Valioso empate do Parrulo na pista do Barcelona.

O equipo ferrolán, que segue pechando a táboa, reaccionou tras ter dous goles de desvantaxe. Marcou Iago Rodríguez para meter o Parrulo no partido. Os homes de Héctor Souto atacaron con todo e tiveron a fortuna de lado. Unha ocasión do Barcelona sen porteiro peta no ferro e na seguinte acción, acción porteiro-xogador, marca Miguel. Un extraordinario gol que sorprende a Didac. Primeiro punto como visitante da temporada.

Noticias web

23/11/2020