CRTVG

Buscar

Valga condena a violencia machista

Publicado o 17/09/2019 08:17

Centos de persoas acudiron a praza do concello para amosar o seu apoio á familia das vítimas e tamén para condenar non só estes asasinatos, senón toda a violencia machista. Durante esta concentración leuse un manifesto. Antes desta concentración, o concello de Valga convocou un pleno extraordinario. Nel decretáronse tres días de loito oficial.

osé Luis Abet, autor confeso do triplo crime machista pasará a disposición xudicial mañá pola mañá. Está citado ás dez para comparecer diante da titular do Xulgado de Instrución número dous de Caldas de Reis que é  o que estaba de garda no momento do triplo crime e ademais é o competente en casos de violencia machista.

Ata que declare diante da xuíza, o detido permanecerá aquí nos calabozos da comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Aquí chegou procedente do cuartel do Milladoiro, en Ames. Foron os axentes do Milladoiro os que detiveron a José Luis Abet despois que chamara confesando o triplo crime. Os axentes prendérono na casa dos seus pais, que é onde vivía,  no concello de Ames.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019