CRTVG

Buscar

Vai adiante a impugnación contra Donal Trump

Publicado o 14/12/2019 02:20
Vai adiante a impugnación contra Donal Trump

O partido demócrata dos Estados Unidos deu un paso decisivo para abrir un xuízo político ao presidente Donald Trump. O Comité Xudicial da cámara baixa aprobou os cargos contra o presidente. Polo tanto, o proceso de destitución de Trump, coñecido como impeachment, podería decidirse xa a vindeira semana.

Trump está acusado de abuso de poder e obstrución do Congreso. Todo relacionado coas presións a Ucraína para que investigase o seu rival político, o ex-vicepresidente Joe Biden.

O comité xudicial aprobou as acusacións políticas contra Trump por 23 votos a favor e 17 en contra.