CRTVG

Buscar

A vacina do VIH vai estar dispoñible na sanidade pública

Publicado o 11/10/2019 15:43

Esta combinación de dous antirretrovirais utilízase para tratar pacientes con VIH, pero xa demostrou tamén a súa eficacia para previr o contaxio en persoas sas.

O responsable da Unidade de Enfermidades Infecciosas do CHUS, Antonio Antela, explica que "se a adherencia é a correcta, podemos falar dunha eficacia superior ao 85 por cento".

Unha altísima eficacia para un tratamento que ten unha posoloxía dun comprimido diario ou, en casos puntuais de prácticas de risco, catro pílulas. A Sanidade pública financiará a administración do fármaco para os grupos con maior incidencia da sida.

"Inicialmente debe dirixirse aos grupos cunha maior incidencia, que en España son os homes que practican sexo con homes e as mulleres transxénero", explica Antela, que engade que "nestes casos non se trata só de dar unha pílula, senón de manter un control cun seguimento cada tres meses".

Un seguimento que, segundo defende este especialista, axudará tamén a controlar outras enfermidades de transmisión sexual. E o seu prezo é vantaxoso en termos de custo-eficacia.

"Pode ser de entre un e dous euros diarios que, evidentemente xustifica evitar unha infección por VIH cuxo custo é de por vida e moito maior".

Este tratamento dálles azos á loita contra a sida, con 3.500 novos diagnósticos anuais en España.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019