CRTVG

Buscar

UXT e CCOO convocan para mañá unha manifestación en defensa da industria galega

Publicado o 26/06/2020 15:33

Os sindicatos de Alcoa cren que o fondo que anunciou hoxe o Goberno chega tarde. Din que llo pediron hai meses e que é insuficiente. 

Despois de que onte comenzara o procedemento para despedir máis de 500 empregados na planta de San Cibrao, tanto Comisións Obreiras coma UXT manteñen o calendario de mobilizacións.

Convocan para mañá a mediodía unha manifestación na Coruña en defensa do emprego e da industria electrointensiva.

Os sindicatos pídenlles ás administracións que traballen conxuntamente para buscar unha solución inmediata para o sector industrial, que está, din, nunha situación crítica.

 

Noticias web

26/06/2020